h1

Entrevista-homenaxe

“A xente xa non baila tanto e queda máis mirando para as bandas”

O de Vilariño recibiu unha homenaxe por parte dos membros de A Regionalista

Víctor Cacho 23/9/2009

Dende o primeiro intre en que sentou con ela, Gervasio Salgueiro Estévez soubo que a amaba. Pasou tardes enteiras escoitándoa e quixo aprender a acariñala, pois axiña comprendeu que a música o envolvera nun agasallo para toda a vida. Pertenceu a un gran número de Bandas Municipais, algunhas das cales dirixiu, e ata fundou outra no ano 41, a Banda Artística de Vilariño. Pasaron xa 87 primaveras dende que Cerdeira o veu nacer e hai tan só unhas semanas, os membros da asociación A Regionalista decidiron editar un libro sobre a súa figura e renderlle unha merecida homenaxe. Familiares, amigos e veciños compartiron a tarde con el e co seu fliscorno.

-Tivo que ser moi emotivo…

-Estivo moi ben e causoume moita alegría. Regaláronme unha batuta e subín ao escenario ao final para dirixir a última peza: o himno galego. Tamén me recibiu o alcalde e puxeron unha placa co meu nome no palco de Vilariño. A verdade é que non o esperaba.

-¿Cando comezou a súa paixón pola música?

-Gustoume dende sempre. Arrimábame aos músicos cando o meu pai convidaba a comer a membros da banda que viña tocar nas festas. Eu quedaba quietiño escoitándoos…

-¿Vén de familia?

-Non. Pode ser que o meu avó, pero o resto nunca tivo relación coa música.

-¿Como se fixo co fliscorno?

-Era dun home que morrera na Guerra Civil, e merqueillo á súa familia por unhas trescentas pesetas.

-¿Lembra o seu primeiro concerto?

-Si, foi en Rumille [Padrón] e chovera moito. Regaláronme o meu primeiro traxe e, ao rematar o concerto, déronme sete pesetas. Logo, despois da misa, fomos xantar na romaría e eu non sabía que cada membro da banda tiña que levar a súa propia comida. Os meus compañeiros entón xuntaron algo para darmo a min. [ri]

-Tivo moitos mestres pero vostede tamén deu moitas clases…

-E non lle cobrei nunca nada a ninguén…

-¿Mantén o contacto cos seus alumnos?

-Con algún si, pero crúzome con moitos e é como se non me coñeceran…

-¿As bandas actuais diferéncianse moito das de antes?

-Agora a xente xa non baila tanto e queda máis mirando para elas. Hoxe levan pouco aprecio e só se avisan para misas ou romarías porque para o baile contan coas orquestras.

-¿Segue tocando?

-Si, estou na Banda Municipal da Estrada e imos tocar a moitas festas e romarías.

-¿Cales son as pezas que máis lle gustan?

-Gústanme todas, dende boleros ata pasodobres, pero as zarzuelas son das miñas favoritas.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.