h1

Arranca o Tren da Unha

O grupo dará mañá á noite un concerto en Laxe no que tocará cancións do seu primeiro disco, «A marajota»

Víctor Cacho – Carballo/La Voz – 17/6/2010

Collan a músicos profesionais e a «dous pendóns verbeneiros» -como indica Piticas- e prepárense para un cóctel explosivo: O tren da unha, un grupo musical que naceu hai algo máis dun ano a partir dunha sociedade gastronómica. Quizais por iso os seus cinco membros veñan con forzas para comer ao mundo, sempre a través do sorriso. O cóctel lanzarase mañá, en forma do seu novo disco A marajota , no local Áncora de Laxe a iso das dez e media da noite.

Desta forma, Xosé Manuel (Piticas) á guitarra, Jesús á percusión, Víctor ao baixo, Tom á batería e Javi aos teclados colmarán o desexo dos seus veciños por velos actuar. ¿Ás voces? Todos… e mailo público. «Tivemos moito apoio co tema do cedé», indica Piticas, que engade que desde que grabaron o compacto a finais de febreiro, a xente sempre lles preguntaba cando ían a interpretar as pezas nun concerto. E aquí están.

En Laxe non necesitan de presentación. Desde que decidiron formar a banda nos carnavais do ano pasado, os cinco amigos xa fixeron rir en máis dunha ocasión aos seus paisanos, cun repertorio cheo de humor e retranca sobre o día a día na Costa da Morte. E dos que fan rir, ninguén se olvida. «Esperamos que veña moita xente», comentan.

Temas inéditos

«Temos moita ilusión de dar este concerto», explican os membros. Non é para menos. Moitas das pezas que tocarán son inéditas e a xente está tremendamente expectante polo resultado das gargalladas que poidan ocasionar. Só de pensalo, os veciños xa se rin. Coñécennos ben, pero nunca deixan de sorprender cos seus temas propios, que forman prácticamente a totalidade das súas composicións, das que Piticas é a alma máter. Cancións como La braguita, Marilyn Monroe ou Costa da Morte non deixarán a ninguén indiferente.

Pero a cita durará ata ben entrado o sábado, polo que ademais das cancións do último disco, o grupo tocará outras creacións deste último ano, algunhas das cales, como Os percebeiros ou Laxe mariñeiro, aínda nin tan sequera soaron na radio, onde levan pegando forte estes días nalgúns concursos.

A súa vindeira actuación de peso celebrarase na Carballeira de Baio, o día 27. Co lanzamento do último disco agardan que saian máis compromisos. E, a este ritmo, seguro que o conseguen.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.